Dougherty, no Krampus da Legendary

0
225

A Legendary Pictures ven de pechar o acordo polo que contrata ao talentoso Michael Dougherty para co-escribir e dirixir a vindeira comédia de terror Krampus.

Todd Casey e Zach Shields escribiron o primeiro boceto de guión, ambientado nas festas de nadal e protagonizado polo demo Krampus, unha lenda orixinal dos bosques de Alemaña e do que se conta que secuestra e devora aos nenos que se portaron mal.

Dougherty é coñecido por ser o guionista de X2: X-Men United e Superman Returns e a súa contratación para este proxecto non é ningunha sorpresa considerando a grande masa de fans que acadou coa súa longametraxe de antoloxía baseada en Halloween Trick R’ Treat.

En todo caso, este proxecto non debe confundir-se con Anti-Claus, o outro filme baseado no Krampus e que conta coa dirección de Kevin Smith.