Cathey úne-se aos Catro Fantásticos

0
261

O protagonista da série de televisión The Wire Reg E. Cathey, a quen moitos fans recoñecerán por aparecere asemade en House of Cards, ven de se unir ao reparto do relanzamento de Fantastic Four na 20th Century Fox.

Cathey interpretará ao doutor Franklin Storm, o pai de Sue (Kate Mara) e Johnny Storm (Michael B. Jordan).

Nos cómics, o doutor Storm é parcialmente responsábel pola creación dos Catro Fantásticos e salvou a vida da súa filla após de que esta fose ferida polo Mole Man, pero o persoaxe morreu no seguinte episódio.

Jordan, Mara, Jamie Bell e Miles Teller interpretarán aos catro protagonistas, xunto a Toby Kebbell, que fai de Victor Von Doom e Tim Blake Nelson no papel de Harvey Elder (Mole Man). O filme ten prevista a súa estrea para xuño de 2015.