Will Ferrell producirá aos Picapedra

1033

Will Ferrell e Adam McKay serán os produtores executivos dunha nova longametraxe de debuxos animados baseada na clásica série dos Picapedra para a Warner Bros. Pictures e mais a Gary Sanchez Productions.

The Flintstones (Os Picapedra na súa versión latina) estreou-se en 1960 e durou seis tempadas antes de se comezar a emitir noutras canles durante décadas. En 1994 foi convertida ao formato de cinema con actores reais nun grande éxito dos despachos de billetes e en 2000 protagonizou outra secuela, esta de menos éxito.

Dende aquela, fixéron-se moitos esforzos para revivir á franquía ao longo dos anos, pero agora, xusto coma aconteceu cos Pitufos, a Warners semella decidida a abandoar a ideia dunha nova adaptación con actores reais e tenta-lo cos debuxos animados.

Chris Henchy (The Campaign) escribiu o guión desta nova versión.