Bayona e Neeson chaman por un Monstro

902

Liam Neeson e mais Felicity Jones serán os protagonistas do novo filme fantástio do directoe español Juan Antonio Bayona, A Monster Calls, producida pola Focus Features.

A história vai sobre un rapaz de 13 anos que debe cuidar da súa nai enferma mentres sofre acoso escolar, cando un teixo no seu xardín convérte-se nun monstro (Neeson) que lle contará estrañas histórias.

Co tempo, as histórias dan-lle os recursos para poder arranxar a súa vida. Patrick Ness adaptou o guión a partir dunha novela para nenos co mesmo título que el mesmo escribiu.

O filme ten prevista a súa estrea para outubro de 2016.