O terceiro Insidioso será de Whannell

0
248

O habitual parceiro de James Wan, Leigh Whannell, será o encargado de dirixir Insidious: Chapter 3 para a Blumhouse Productions e a Focus Features.

Whannell escribiu e protagonizou as dúas primeiras entregas no papel de Specs e agárda-se que faga o mesmo nesta terceira, ademais de se facer co posto de director.

Wan, que dirixiu as dúas primeiras, seguirá a bordo coma produtor. O filme ten previsto comezar a se rodar o vindeiro 7 de xullo e a data de estrea é o 3 de abril de 2015.