Michel Gondry ven de abandoar os seus plans para dirixir unha adaptación ao cinema da clásica novela de ciéncia-ficción de Philip K. Dick Ubik para a Film Rites e mais a Anonymous Content.
A história vai sobre un home que traballa nunha empresa de seguridade especializada en bloquear a espionaxe telepática e outros trucos paranormais. Pero cando un traballo na Lúa leve á morte ao dono da empresa, Glen Runciter, comezarán a aparecer fragmentos do pasado.
Daquela, aparecen mensaxes de Runciter por todas partes, así coma anúncios dunha nova droga chamada Ubik. A solución do mistério é totalmente inesperada.
O filme anunciou-se hai xa tres anos coa produción de Steve Zaillian. Nombergantes, Gondry acabou recoñecendo que o libro é demasiado complicado e que non se pode facer un filme:
“O libro é brillante, pero é bó coma obra literária. Tentámo-lo adaptar con distitos guionistas… polo de agora coido que non-o conseguimos. Non ten a estruturadramática que podería facer del unha boa película. Recibín un guión que me decepcionou un pouco, iso é todo. Foi un soño, pero na vida non sempre podes ter o que queres“.