Ridley Scott dirixirá O Marciano

0
314

Ridley Scott ven de comezar a negociar os termos do seu contrato coma novo director do filme The Martian na 20th Century Fox, un posto para o que sustituiría a Drew Goddard.

A história, unha adaptación dun e-book de Andy Weir, vai sobre un astronauta que fica atrapado en Marte e que debe averiguar como sobrevivir abondo para poder regresar á Terra. Mália o seu argumento, os que xa leron o libro din que o tema é moi diferente ao filme de Alfonso Cuarón Gravity, e mais semellante ao filme Cast Away que protagonizara Tom Hanks.

Goddard, que escribiu o guión, tivo que abandoar a produción o mes pasado por mor do seu compromiso con outro proxecto, Sinister Six. De feito, tamén aandonou o proxecto de série para a Netflix na que se ía relanzar o persoaxe de Daredevil.

Ao mesmo tempo anunciou-se a chegada de Matt Damon a The Martian coma protagonista, pero após da saída de Goddard xa non está tan claro.

Scott, Simon Kinberg e Aditya Sood serán os produtores, pero ainda non se sabe cando poderá comezar a rodaxe.