Finou H.R. Giger

0
364

O artista suízo Hans Ruedi Giger, mais coñecido coma H.R. Giger, finou a pasada semana á idade de 74 anos. O famoso pintor, escultor e deseñador de escenários sofriu unha caída por accidente que lle provocou múltiples contusións, das que non puido recuperar-se no hospital.

Os deseños de Giger, que estaban influenciados polo mestre do terror H.P. Lovecraft, e mais os seus estilos únicos, influenciaron á súa vez a toda unha xeración de realizadores de cinema após de que o seu traballo se puidera ver por primeira vez no clásico de Sir Ridley Scott Alien.

Giger fixo ademais os deseños para o filme nunca producido de Alejandro Jodorowsky Dune e para outros filmes coma Species, Future-Kill, Killer Condom e a recente Prometheus.