A Ocean Blue Entertainment, a CJ Entertainment, a Echo Lake e mais a Ingenious Media asociarán-se para produciren conxuntamente unha adaptación ao cinema da novela de Anne Rice Christ the Lord Out of Egypt.
Cyrus Nowrasteh (The Stoning of Soraya M.) dirixirá esta película a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto á súa muller, Betsy Giffen Nowrasteh.
A história vai sobre un xoven Xesús Cristo, quen un día se decata de que é en realidade o fillo do deus e descubre a realidade da história da súa viaxe dende Exipto a Nazareth.
Polo de agora non hai ningún actor confirmado para o reparto. A rodaxe comezará en todo caso o vindeiro 15 de setembro nos estudos Cinecittá de Roma en en Matera, tamén en Itália.