Ofrecen a Ford un papel en Blade Runner 2

0
244

A Alcon Entertainmant ven de emitir unha nota de prensa na que confirman que se lle fixo unha oferta en firme a Harrison Ford para que repita o seu papel de Rick Deckard na vindeira secuela do clásico de Ridley Scott Blade Runner.

Hampton Fancher e Michael Green están a escribir o guión, que ten lugar décadas despois de que rematasen os aconetcementos descritos no filme orixinal de 1982.

Os directivos da Alcon Andrew Kosove e Broderick Johnson comentaron que estarían encantados de contar con Ford para esta secuela e que confían en poder convence-lo. Pola súa banda, Scott dixera hai xa tempo que o filme terá lugar demasiado tempo despois do filme orixinal coma para que o persoaxe de Ford poida estar vencellado.