Liam O’Donnell dirixirá Skyline 2

0
268

Liam O’Donnell, o guionista e produtor do filme de baixo orzamento de 2010 Skyline, será o director da vindeira secuela, Beyond Skyline.

O título do novo filme e mais o nome do director foron dados a coñecer no decurso do recente Festival de Cinema de Cannes e foi publicado na conta oficial de Facebook. Polo de agora non hai data de lanzamento, reparto nin guión para a continuación da saga.

O filme orixinal, dirixido polos irmáns Strause, recadou 78,6 millóns de dólares en todo o mundo cun orzamento orixinal de entre 10 e vinte millóns. Daquela houbera unha dura rivalidade co filme isemellante en argumento pero moi diferente en orzamento Battle: Los Angeles, que fixo 211 millóns a partir dun orzamento de 70 millóns. Ambos filmes colleitaron, iso si, unhas críticas moi negativas.