De Godzilla a Star Wars

0
295

A Lucasfilm e mais a Disney anunciaron que o director de Monsters e de Godzilla (que se estrea este mes), o inglés Gareth Edwards, será o director do primeiro dos tres proxectados spin-off da saga de Star Wars.

Nun comunicado oficial, Edwards dixo: “Dende que mirei Star Wars por primeira vez souben exactamente o que quería facer o resto da miña vida: unirme á Alianza rebelde! Non podería estar mais emocionado e honrado de estar nesta misión coa Lucasfilm“.

Gary Whitta (The Walking Dead: A Telltale Game Series, The Book of Eli) escribiu o guión do filme, que está previsto para se estrear o 16 de decembro de 2016.

Pola súa banda, o xefe da Legendary Pictures, Thomas Tull, dixo noutro comunicado que mália a contratación, Edwards está aínda vencellado para dirixir a secuela de Godzilla.