Ant-Man fica sen Edgar Wright

997

Nun comunicado conxunto, a Marvel Studios e mais o realizador Edgar Wright veñen de anunciar oficialmente que racharon as súas erlacións e que o director non será o encargado de facer o filme de Ant-Man.

O comunicado indica que a decisión é por mor de diferéncias creativas e que a ruptura foi amigábel e non terá impacto sobre a data de lanzamento dofilme, o 17 de xullo de 2015. O novo director será anunciado en breve.

Agárda-se que a rodaxe escomece este verán protagonizada por Paul Rudd, Evangeline Lilly, Michael Douglas, Michael Pena, Patrick Wilson e Corey Stoll.

Wright levaba vencellado a este proxecto dende que se anunciou hai case dez anos. A súa marcha pode considerar-se unha grande sospresa e moi precipitada. De feito, fontes internas afirman que o problema puido deber-se a un novo guión aprobado a toda presa e que o realizador considerou que era unha falla de fe no seu proxecto.