Derrickson dirixirá ao Doutor Estraño

0
260

Seica xa hai un director para o novo filme de superheroes da Marvel Studios, Doctor Strange, o que indica que esta película poderá ser incluída na Fase Tres dos estudos.

O cineasta Scott Derrickson (Sinister, The Day the Earth Stood Still) confirmou na súa conta de Twitter que el será o novo director do filme e que de feito este será o seu novo proxecto. Derrickson ven de rematar a rodaxe da longametraxe fantástica protagonizada por Eric Bana Deliver Us From Evil, que será estreada o 2 de xullo.

A primeiros deste ano xa apareceu o nome de Derrickson coma candidato a se facer con este mesmo posto, polo que semella que se fixo con el gañando aos outros contendentes, Jonathan Levine (Warm Bodies) e Mark Andrews (Brave).

Nos cómics, o persoaxe do Doutor Strange é un cirurxán establecido en New York que sofre un accidente que o deixa incapaz de seguir exercendo, pero decide acudir a un gurú no Himaláia que lle aprende a desenvolver poderes psíquicos que o converten nunsuperheroe disposto a loitar contra as forzas escuras e os malfeitores.

O Doutor Strange suporá a introdución no Universo Marvel (alomenos, no cinema) dun novo tipo de forzas maléficas, neste caso as sobrenaturais e místicas, após de que Thor presenta-se aos extra-terrestres con grande éxito. Xa nos anos 60 tiveran que mudar o seu título orixinal “Doutor Strange, Mestre da máxia negra” por “Mestre das artes místicas” para evitar a censura relixiosa.

Polo de agora non hai datas para a estrea deste filme, pero moi probábelmente será entre o 8 de xullo de 2016 e o 5 de maio de 2017.