Peyton Reed confírma-se coas formigas

0
321

Após de moitas especulacións, Peyton Reed (Bring It On, Down With Love, Yes Man) ven de ser confirmado coma o novo director do fime da Marvel Ant-Man.

Os estudos querían atopar a alguén que se poidera facer cargo do posto sen ter que escomezar o traballo dende cero outra vez. Reed posúe unha boa dose de experiéncia no eido da comédia e tamén coa Marvel, dado que pasou moitos anos desenvolvendo aos Catro Fantásticos cando traballou paraa Fox e antes de que Tim Story se fixera co posto de director das anteriores dúas entregas dos 4F.

O nome de Reed xurdiu hai non moito xunto co responsábel de Role Models David Wain coma posíbeis candidatos para dirixir ao Home Formiga, pero foi Reed quen se fixo co posto finalmente. Adam McKay, que tivo moitas entrevistas cos responsábeis dos estudos, fixo tanto choio que o seu nome aparecerá coma co-responsábel do guión.