Renner regresa a Misión Imposíbel

1020

Jeremy Renner ven de revelar nunha recente entrevista que vai repetir o seu papel de axente William Brandt na vindeira nova quinta entrega da saga de Mission: Impossible.

Renner interpretou este papel por primeira vez na anterior película de 2011, Mission: Impossible Ghost Protocol, coma un dos catro membros clave da equipa dirixida por Tom Cruise, e acompañada por Simon Pegg e Paula Patton. Os regresos de Cruise e Pegg xa estaban confirmados.

Renner, quen está a rodar arestora Avengers: Age of Ultron no papel de Hawkman, ten tamén unha oferta para entrar no reparto da segunda tempada de True Detective na HBO, á que tivo que renunciar por mor dunha axenda de traballo demasiado cargada xa.

Christopher McQuarrie será o director de Mission Impossible 5 a partir dun guión de Will Staples. Coma protagonista feminina rumoréa-se o nome de Jessica Chastain, pero a súa participación ainda non está confirmada.