Nimoy, trabe en Star Trek

0
239

Leonard NimoyRoberto Orci, o co-guionista do longamente agardado filme de Star Trek que dirixe J.J. Abrams, revelou algunhas saborosas partes dese guión que se mantén baixo sete chaves e así soubemos que o relanzamento da franquía dependerá grandemente da aparición estelar de Leonard Nimoy, o primeiro Señor Spock.

Orci (Transformers) engadiu que o filme explorará a história de Star Trek que ainda non foi contada: “Había moitos, moitos elementos da história dos que faláramos só teóricamente se algunha vez regresaba Star Trek. Se es un fan do Star Trek clásico, hai unha chea de história sen explorar. Coa série orixinal, hai moito que podería ter chegado antes, o que aconteceu antes diso“.

O trabe do guión é a aparición de Nimoy no seu papel de Spock. “Coido que moita xente especulaba que deberíamos ter várias ideias, pero a verdade é que tiñamos a Nimoy. Francamente, non entendo outra maneira de o facer. Non tiñamos un plan B“.

Por outra banda, Orci comentou que ainda hai algunha posibilidade para que William Shatner, o capitán Kirk da série orixinal, tamén apareza no filme, mália que o seu persoaxe morreu en Star Trek VII (no filme de 1994 Xeracións). O outro grave problema é que para incorporar a Shatner neste intre sería preciso contar cun guionista, pero éstes están ainda en folga, o que impide en princípio facer cámbios no guión.