Condon encárga-se da Bela de Disney

0
304

A Disney continúa cos seus plans de producir novas versións dos seus clásicos de debuxos animados pero con actores de carne e óso, e así o seguinte filme do seu catálogo que terá a oportunidade será Beauty and the Beast, con Bill Condon (The Twilight Saga: Breaking Dawn, Dreamgirls) coma máximo responsábel.

O filme seguirá os pasos de Alice in Wonderland, Oz: The Great and Powerful e a mais recente Maleficent, que supuxeron grandes éxitos no despacho de billtes. Nestes intres hai alomenos outras dúas elículas agardando a súa oportunidade: Cinderella de Kenneth Branagh comezará a se rodar o ano que ven, e a nova versión de The Jungle Book ainda en desenvolvemento.

O nome de Condon levaba tempo vencellado ao proxecto, pero só se confirmou hai uns días oficialmente. Nestes intres o realziador está a dirixir a Ian McKellen en A Slight Trick of the Mind, no que o actor interpreta a un Sherlock Holmes xubilado que tenta resolver un derradeiro caso antes de perder as súas facultades mentais.