Xogo de Tronos podería chegar aos oito

0
505

Seica a saga televisiva de Game of Thrones podería seguir respirando moito tempo mais do inicialmente previsto se se fan realidade os comentários que a editora do seu autor, o escritor George R.R. Martin.

A editora executiva da Penguin Random House, Anne Groell, suxeriu que a saga de Martin A Song of Ice and Fire, na que está baseada a série de televisión, podería necesitar un oitavo libro e non rematar no sétimo coma inicialmente estaba previsto.

Nunha entrevista, Groell revelou que “ainda que sete era o número que contratáramos, lembro cando me chamou hai moitísimos anos, confesou-me que a súa triloxía xa non era unha triloxía. Daquela predicira catro libros. Eu dixen sete libros polos sete reinos. entón el dixo cinco libros. Eu dixen sete libros polos sete reinos. Logo eñ subiu a seis. Eu dixen sete libros polos sete reinos. E finalmente estabámos de acordo, Eu dixen sete libros polos sete reinos.. Ben. Pero após de editar The World of Ice and Fire, descubrimos que técnicamente hai oito reinos“.

O mesmo Martin confirmou que esa é unha posibilidade:

O meu plan é rematar en sete… pero o meu plan orixinal era rematar en tres. Eu escribín as histórias e elas medraron. Eu manexo certas cousas e ás veces descubro que non é o final da história. O meu plan agora é aínda sete. pero antes teño que rematar o Sexto Libro. Preguntáde-me outra vez cando estea a rematar o sétimo e se cadra podereis dicir algo con mais sentido“.

A série de televisión rematará axiña a súa cuarta tempada e ainda está baseada nos acontecementos da segunda metade do terceiro libro, pero xa comezou a usar partes doos libros cuarto e quinto, ademais de incorporar algunhas cousas nunca vistas nos libros polo de agora. Martin comentou que eses cámbios poderíar ir aumentando nas seguintes tempadas.

Os responsábeis da série xa coñecen o argumentoxeral dos libros seis e sete, algo que nin a mesma Groell sabe, e seica teñen plans de emerxéncia para o caso de que a súa série de televisión vais máis rápido có ritomo de escritura de libros de Martin.

Todas estas novas chegan xusto nun intre no que está a piques de rematar a cuarta tempada cuns índices de audiéncia que poderían converte-la nunha das mais vistas na história da televisión. A série pasou de feito dende unha média de 7,2 millóns de espectadores nas tres primeiras tempadas até os actuais 18 millóns se lle sumamos aos espectadores doutras canles de pago por visión. dezaoito millóns é tamén o récord qeu a HBO ten pola súa mítica série The Soprano e que nestes intres semella a piques de deixar de ser un récord.