Kylie Minogue nun terremoto

0
300

A cantante pop Kylie Minogue ven de se unir ao reparto do vindeiro filme de acción de Brad Peyton, o thriller de desastres San Andreas 3D na New Line. Polo de agora non se saben mais detalles sobre que papel podería interpretar.

Este filme épico de desastres comezará cun enorme terremoto que asolará Califórnia. Un bombeiro (Dwayne Johnson) e mais a súa ex-muller (Carla Gugino) fican atrapados nunha perigosa viaxe dende Los Angeles a San Francisco para rescataren á súa filla.

A rodaxe está a se levar a cabo nestes intres na costa este de Austrália. Minogue contribuirá probábelmente á banda sonora. O filme ten prevista a súa estrea para o 5 de xuño de 2015.