Volve o bus máxico á tele

0
242

A Netflix ven de encargar 26 episódios de média hora de duración para o relanzamento do clásico libro para nenos dos anos 80 The Magic School Bus, convertido xa anteriormente en série detelevisión nos 90 pola canle pública americana, a PBS.

Titulada The Magic School Bus 360, a nova versión estará protagonizada por Ms. Frizzle (a quen lle puxo a súa voz Lily Tomlin no orixinal) levando unha vez mais aos seus estudantes por todo tipo de aventuras tolas e educativas.

A nova versión contará con gráficos xerados por computador, e con versións modernizadas de Ms. Frizzle e do mesmo autobús. Os nenos usarán asemade tecnoloxía actualizada aos nosos tempos.

Os primeiros episódios aparecerán en 2016. A Netflix adquirira os dereitos sobre a série orixinal o ano pasado.