O ourizo Sonic chega ao cinema

0
317

A Sony Pictures Entertainment e mais a Marza Animation Planet, unha división da SEGA Sammy Group, van-se asociar para desenvolveren conxuntamente unha película que será unha versión híbrida entre debuxos animados xerados por computador e con actores reais (ao mesmo xeito de The Smurfs e Garfield) baseada na série de videoxogos protagonizados polo ourizo Sonic.

A história estará centrada no popular ourizo azul supersónico e polos seus habituais inimigos nos videoxogos, incluindo ao maléficodoutor Eggman. A esperanza é que este filme sexa o primeiro dunha nova franquía.

A presidenta de produción da Sony Pictures, Hannah Minghella, dixo: “Hai ilimitadas histórias que contar sobre un persoaxe coma Sonic o Ourizo, e unha base de fans internacional. Xunto cos nosos marabillosos parceiros creativos da Marza, imos capturar todo o que xeracións de fans xa coñecen e aman mentres facemos medrar a súa audiéncia mais ca nunca“.

Evan Susser e Van Robichaux están a escribir o guión mentres ca Neal H. Moritz, Takeshi Ito e Mie Onishi serán os produtores.

os videoxogos levan no mercado mais de vinte anos e xa venderon 140 millóns de cópias, xerando mil millóns de dólares de benefícios.