D’Onofrio será Kingpin en Daredevil

1007

Vincent D’Onofrio ven de ser contratado xa oficialmente para interpretar o papel de Wilson Fisk, mais coñecido coma Kingpin, na vindeira série de televisión da Marvel de trece episódios que serán lanzados directamente ao mercado de pago por visión da Netflix e baseada nos cómics de Daredevil.

O actor, coñecido polas súas actuacións en Law & Order: Criminal Intent e Full Metal Jacket, será Fisk, un poderoso home de negócios cuxos intereses no futuro do bárrio neoiorquino de Hell’s Kitchen porán-o en posición de conflito co avogad cego Matt Murdock (Charlie Cox) e co seu alter ego, o superheroe Daredevil.

O responsábel de televisión da Marvel, Jeph Loed, dixo: “Estamos incríbelmente orgullosos de ter a un actor coa gravitas e mais a versatilidade de Vincent uníndo-se a Marvel’s Daredevil neste papel tan salientábel. Wilson Fisk é unha icona coma falcatruán e a súa astúcia e o seu pdoer convérten-o nun perigo semellante ao do noso heroe“.

A série ten previsto comezar a se emitir en 2015.