Bryan Cogman, produtor, editor e guionista da série da HBO Game of Thrones, ven de ser contratado pola 20th Century Fox coma novo guionista do filme que podería ser o lanzamento dunha nova franquía para o cinema, ainda que leva moitos anos sendo un popular xogo de rol de cartas da Hasbro: Magic The Gathering.
Lanzado por primeira vez en 1993, o xogo de rol de fantasía converteu-se axiña no pioneiro dunha nova forma de xogar ao rol, usando cartas, e xerou un movemento de fans a nivel mundial.
O xogo inclúe meigos, monstros, armas e feitizos con vários niveis de forza, e certas cartas son raras e poden ser usadas coma valiosas pezas de intercambio no mercado de coleccionistas.
Simon Kinberg, Brian Goldner e Stephen Davis serán os produtores.