Guillermo del Toro é menos “Besta”

0
248

O realizador mexicano Guillermo del Toro ven de rebaixar o seu nivel de compromiso coa vindeira adaptación ao cinema con actores reais que a Warner Brothers quere facer do clásico conto Beauty and the Beast. Orixinalemnte estaba previsto que fose o director, pero agora só será o produtor xunto a Denise DiNovi.

O seu problema foron unha vez mais os conflitos de axenda, polo que os fans non poderán ver esta adaptación dirixida por del Toro, se ben a actriz principal, Emma Watson, segue a bordo coma protagonista do proxecto dende 2012.

Os estudos están a competir coa Disney, que tamén quere facer unha versión musical do mesmo conto e que conta con Bill Condon coma director. E por outra banda, tamén está a série de televisión do meso título, que comezou a se emitir hai pouco, e mais unha adaptación en francés protagonizada por Vincent Cassel.

Del Toro está nestes intres a traballar na post-produción do seu drama gótico de casas enmeigadas Crimson Peak e preparando a nova série de televisión The Strain, que comeza a se emitir o mes que ven na canle FX.