Jason Momoa (Conan the Barbarian, Game of Thrones) ven de ser contratado para facer o papel de Aquaman na vindeira película de Zack Snyder Batman v Superman: Dawn Of Justice e para a seguinte da saga, Justice League.
O nome de Momoa levaba moito tempo vencellado aos plans da DC para o cinema e rumoreou-se para papéis coma o do Martian Manhunter ou Doomsday, pero el nunca deu crédito ningún aos rumores, até hoxe, cando a Hitfix confirmou a súa incorporación ao reparto no papel de Aquaman, e engadiu que Snyder xa rematou o seu deseño para o perosaxe, polo que a rodaxe pdoería escoemzar axiña. O persoaxe aparecerá só brevemente neste filme, pero terá maior participación dentro da Liga da Xustiza.
Os efectos colaterais da batalla de Superman contra o xeneral Zod en Man of steel e mais os danos causados á cidade de Metrópole terán unha grande releváncia na continuación, que se está a rodar. Seica estes danos levarán a Batman a Metrópole, odne Lex Luthor esfórza-se por presentar a Superman coma un supervilán.