O Capitán Nemo navega á Sony

0
319

A Sony Pictures ven de se facer co novo guióon orixinal dos creadores da série de televisión Smallville, Alfred Gough e Miles Millar: Captain Nemo.

A história é unha nova versión do emblemático antiheroe que apareceu por primeira vez nas páxinas do libro Vingt mille lieues sous les mers do escritor Jules Verne, pero que tamén protagoniza outras dúas novelas posteriores.

Nemo é un xénio científico que vaga polas profundidades do mar a bordo do seu submariño, o Nautilus. Joe Roth e Palak Patel (Maleficent) serán os produtores.

Gough e Millar, quen tamén escribiron os guións de I Am Number Four e The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, participarán coma produtores executivos.