A Warner Bros relanzará Scooby Doo

0
291

A Warner Bros. Pictures está a dar os primeiros pasos para o relanzamento da franquía de Scooby-Doo con actores reais.

Raja Gosnall dirixiu en 2002 un filme baseado nos clásicos debuxos animados da Hanna-Barbera. Aquel filme estaba protagonizado por Freddie Prinze Jr, Sarah Michelle Gellar, Matthew Lillard, Linda Cardellini e mais Isla Fisher e recadou uns abraiantes 268 millóns de dólares en todo o mundo, o que fixo posíbel unha secuela en 2004.

Agora os estudos queren comezar dende cero coa nova versión, para a que xa está contratado Randall Green coa misión de escribir un guión. Ningún outro nome foi dado a coñecer neste proxecto polo de agora.