Leto sustitúe a Will Smith en Brilliance

0
271

Jared Leto (Dallas Buyers Club) está nas primeiras fases dunha negociación que o pdería converter no sustituto de Will Smith no filme de Julius Onah Brilliance para a Legendary Pictures e mais a Universal Pictures.

David Koepp escribiu a adaptación para o cinema da novela orixinal de Marcus Sakey, que ten lugar nun mundo onde os “brillantes” son un grupo escollido de xente que naceu con poderes extraordinários.

Leto interpretaría a un axente federal con poderes de cazador que é encargado de perseguir a un terrorista, quen é á súa vez outro brillante e que ten intención de iniciar unha guerra civil.

Noomi Rapace é a outra proagonista deste filme, que conta coa produción de Joe Roth, Thomas Tull e Jon Jashni.