Rian Johnson, director de Star Wars

0
239

Ainda que continúa sen se facer oficial, xa se dá por seguro que a Lucasfilm vai pechar un acordo co guionista e director de Looper e Brick, Rian Johnson, para que escriba e dirixa o episódio VIII da Guerra das Galáxias, e para qeu ademais escriba un primeiro boceto de Star Wars: Episode IX.

Asemade Johnson tomaría o control do proxecto relevando a J.J. Abrams, quen está a dirixir Star Wars: Episode VII e está a poñer os alicerces para o que será a nova triloxía.

Johnson faría-se cargo da saga posteriormente co episódio oitavo, pero ainda non está claro se dirixirá o noveno, mália que xa hai nmoitos informes que o dan por seguro.

Tampouco está claro, se ben semella bastante posíbel, se Abrams ficará a bordo coma produtor para os outros dous filmes da triloxía, tal e coma fixo coa saga de Mission: Impossible após de dirixir a terceira entrega.

Nin a Disney nin a Lucasfilm confirmaron nin desmentiron estes rumores, pero se agarda que se produza unha declaración nos vindeiros días.