Resucitan The Outer Limits

0
268

Ainda que hai pouco informou-se de que será o director do filme da Marvel Doctor Strange, o realizador Scott Derrickson vai ter tempo antes de se adicar a outro proxecto.

Derrickson axuntará-se co seu guionista de Sinister, C. Robert Cargill, para escribiren unha nova adaptación ao cinema da clásica série antolóxica de terror e ciéncia-ficción dos anos 60 The Outer Limits para a MGM. Derrickson e mais Cargill encargarán-se de lle dar unha nova visión ao clásico episódio Demon With a Glass Hand que escribiu orixinalmente Harlan Ellison.

A história vai sobre un home que non ten ningún recordo alén de dez días atrás. A súa man esquerda foi reemprazada cun computador moi avanzado que semella unha man pero ao que lle fallan tres dedos.Eses dedos deben ser posto de novo no seu lugar antes de que se revele a verdade.

Ao mesmo tempo o home é perseguido por unha raza alieníxena que coida que el é a súa única esperanza para sobreviviren e que teñen os tres dedos perdidos. E así comeza un xogo do gatoe o rato dentro dun edifício de oficinas selado para o resto do mundo.

Mark Victor será o produtor. Derrickson traballará no guión mentres prepara Doctor Strange.