Anúncian o reparto de Sens8

0
306

Un abraiante reparto internacional de estrelas de cinema e televisión será o encargado de lle dar vida aos protagonistas de Sens8, a vindeira série da Netflix de dez episódios creados e producidos polos irmáns Wachowski e polo guionista de Thor e World War Z, J. Michael Straczynski.

O reparto inclúe a Daryl Hannah (Blade Runner), Naveen Andrews (Lost), Brian J. Smith (Stargate Universe), Freema Agyeman (Doctor Who), Tuppence Middleton (Jupiter Ascending), Doona Bae (Cloud Atlas), Aml Ameen (The Maze Runner), Max Riemelt (The Wave), Alfonso Herrera (El Dies), Tena Desae (The Best Exotic Marigold Hotel), Jamie Clayton (Hung), Terrence Mann (All My Children) e mais o español Miguel Ángel Silvestre (Velvet).

A história vai sobre oito persoas espalladas polo mundo que se atopan inexplicábelmente vencelladas após dun tráxico acontecemento. De súpeto, as súas mentes están vencelladas, o que lles permite comunicáren-se entre eles, así coma compartir os seus mais profundos e escuros segredos a todo o grupo.

Tal e coma fixera con Babylon 5 hai xa case vinte anos, Straczynski deseñou un plan para cinco tempadas para esta nova série que debutará a finais de 20144 ou comezos de 2015.