O Marcián, antes ca Prometheus 2

0
413

O último proxecto ao que ven de ser vencellado Ridley Scott é The Martian, un filme que tiña previsto protagonizar Matt Damon e dirixir Drew Goddard (Cabin in the Woods), pero que tivo que deixar após de se comprometer con The Sinister Six.

Baseada na novela de Andy Weir de 2012, a história vai sobre un astronauta que fica atrapado nunha colónia marcián. Agora, o produtor Simon Kinberg confirmou no podcast Q&A de Jeff Goldsmith que The Martian será o vindeiro proxecto de Scott e que o comezo da rodaxe está prevista para este outono:

Hai un guión que escribiu Drew Goddard, o mesmo de Cloverfield e Cabin in the Woods, un gran, gran guionista. Hai un libro que eu merquei que se chama The Martian, que é un libro moi realista de ciéncia-ficción, do que escribiu un incríbel guión, e que el vai dirixir. Logo o seu filme de Spiderman foi aparcado, así que o deixou, pero Ridley Scott vai dirixi-lo e imos escomezar este outono“.

Até agora coidába-se que Ridley Scott ía escomezar a traballar coa secuela de Prometheus, considerando que este filme ten data de estrea fixada para marzo de 2016 e que Scott ven de visitar Austrália, onde localizou escenários para filmar as secuelas de Prometheus e Blade Runner.

Prometheus 2 non ía entrar en produción até o ano que ven, así que o desembarco de Scott en The Martian indica que a continuación de Prometheus comezará mais tarde do agardado. Nestes intres, o director inglés está a rematar a produción da súa película bíblica Exodus: Gods and Kings.