A 20th Century Fox e mais a Platinum Dunes van-se asociar novamente para un segundo relanzamento do clásico de terror de 1976 The Omen, que está nestes intres nas súas primeiras fases de produción.
Polo de agora non hai directores vencellados ao proxecto. Liev Schreiber e Julia Stiles protagonizaron o anterior remake, que dirixiu John Moore en 2006.
As novas chegan xusto un mes de spois de que se revelara que a Lifetime está a desenvolver unha adaptación para a televisión do filme orixinal, co antigo showrunner de Walking Dead Glen Mazzara escribindo o episódio piloto e traballando asemade coma produtor executivo.
A série da tele ignorará as secuelas de The Omen, optando por explorar o caso dende a perspectiva dun Damien Thorn xa adulto, perseguido polo seu turbulento pasado e decatándo-se do feito de que el é o anticristo.