Darabont dirixe a Branca Neves

0
278

O director de The Shawshank Redemption e antigo produtor de The Walking Dead Frank Darabont ven de ser seleccionado coma novo director da vindeira secuela de Snow White and the Huntsman pola Universal Pictures.

Darabont fíxo-se co posto por diante de nomes coma os de Gavin O’Connor (Warrior) e Andy Muschietti (Mama) para dirixir esta secuela do conto de fadas. Ainda que a decisión xa está tomada, seica os estudos aínda non lle presentaron unha oferta ao realizador.

Cóida-se que o motivo polo que Darabont foi o elixido é pola súa nova versión que porá o foco no persoaxe de Chris Hemsworth, o cazador. De resultas, Kristen Stewart non regresará ao seu papel de Brancaneves, e se o fai, será nun papel sen importáncia. Ademais haberá un troco no titulo.

A rodaxe do proxecto debería escomezar axiña, xa que a axenda de traballo de Hemsworth está limpa nestes intres após de rematar o seu compromiso con Avengers: Age of Ultron.