Robinson contra os áliens da Quinta Vaga

0
258

Nick Robinson (Jurassic World, The Kings of Summer) e mais o actor principiante Alex Roe están a negociar a súa posíbel incorporación ao reparto do filme que adaptará a novela de ciéncia-ficción para adolescentes de Rick Yancey The 5th Wave na Sony Pictures.

O papel de protagonista está xa axudicado a Chloe Grace Moretz, quen interpreta o papel dunha rapaza de 16 anos chamada Cassie que tenta salvar ao seu irmán pequeno nunha Terra que está no médio dunha quinta vaga de invasións extra-terrestres.

Robinson fará de Zombie, un rapazolo do que estaba namorada Cassie e que agora é un cruel paramilitar asasino de áliens. Roe fará de Evan, un rapaz que podería ser a clave da loita contra os invasores.

J Blakeson (The Disappearance of Alice Creed) dirixirá a partir dun guión de Susannah Grant. A rodaxe escomezará a finais do mes de setembro.