Maximum Ride será unha série Web

0
367

A Collective Digital Studio, unha canle da YouTube, ven de escomezar a negociar co escritor James Patterson para desenvolver unha versión online da súa saga Maximum Ride, composta por nove libros de fantasía.

A compañía fíxo-se cos dereitos para realizar unha série online en exclusiva desta saga para adolescentes e comezou a falar con especialistas de Youtube sobre o acontecemento de programación.

A série vai sobre Max, unha rapaza híbrida entre humán e ave que fuxe xunto a outros mutantes dun laboratório onde foi criada. Até a data de hoxe xa se venderon mais de 30 millóns de exemplares destas novelas.

Patterson, Gary Binkow, Leopoldo Gout e Bill Robinson serán os produtores executivos. Este anúncio chega xusto despois de que hai uns días se soubera que outra obra de Patterson, o seu thriller Zoo, na que a natureza loita contra a humanidade, fose comprada pola CBS para facer unha série de televisión.