Dumbo, o seguinte remake

0
262

O clásico de debuxos animados de 1941 da Disney Dumbo será o seguinte filme que teña un remake con acción real.

O filme orixinal, de 64 minutos de duración, vai sobre un bebé elefante que vive prisioneiro nun circo, odne todos se burlan del por ter as orellas moi grandes. Cando a súua nai sae na súa defensa, é encerrada nunha xaula e Dumbo deberá vivir só, coa única axuda dun pequeno rato.

O rato tentará infundirlle confianza a Dumbo facéndo-lle crér que pode voar coa axuda dunha pluma máxica. A nova versión engadirá algo de sustáncia incorporando unha família cuxa história se contará en paalelo á orixinal. O elefante voador será totalmente xerado con gráficos por computadora.

O guionista de Transformers: Age of Extinction, Ehren Kruger, encargará-se do libreto e será ademais o produtor xunto a Justin Springer (Tron: Legacy, Oblivion).