Ygritte, a meiga boa

0
306

Rose LeslieRose Leslie, coñecida por facer de Ygritte, a namorada de Jon Snow en Game of Thrones, será a protagonista feminina, xunto a Vin Diesel, do filme de Breck Eisner The Last Witch Hunter para a Summit Entertainment. Diesel fai o papel dun cazador de bruxas semi-inmortal que vaga por New York e que debe aliar-se á forza á súa inimiga, unha meiga (Leslie), para deteren a unha malvada raíña bruxa que quere dominar á humanidade.