Neel Sethi é o novo Mowgli

0
229

O actor debutante de dez anos de idade Neel Sethi ven de se facer co papel protagonista de Mowgli, o rapazolo criado por animais da selva, na vindeira adaptación ao cinema con actores reais do libro de Rudyard Kipling The Jungle Book, que dirixirá Jon Favreau para a Disney Pictures.

Sethi será o único actor que apareza na pantalla, xa que o resto dos protagonistas son animais xerados por computador.

Idris Elba, Ben Kingsley, Scarlett Johansson e Lupita Nyong’o serán os actores que lle poñan as voces aos animais amigos e inimigos de Mowgli. O filme ten previsto estrear-se o 9 de outubro de 2015.