Os Power Rangers, os novos X-Men?

0
221

Os guionistas de X-Men: First Class e Thor, Ashley Miller e Zack Stentz, veñen de seren contratados para escribir o libreto do vindeiro filme que relanzará a história da franquía dos Power Rangers na Lionsgate.

Ao mesmo tempo, o guionista de Star Trek e Transformers, Roberto Orci, chimpará a bordo do proxecto coma produtor executivo. O trío encargará-se conxuntamente de desenvolver a história do filme, e logo Miller e Stentz escribirán o guión.

A história vai sobre un grupo de rapaces de secundária dotados de extra-ordinários superpoderes e que deben traballar xuntos para salvar o mundo. Esta série americana comezou nos anos 90, baseada na série xaponesa Super Sentai, e leva xa mais de 20 tempadas cun éxito enorme entre os nenos.