12 Monkeys non será un simples remake

887

Os produtores da vindeira série de televisión da Syfy que adaptará o filme de Terry Gilliam 12 Monkeys veñen de revelar que o programa non será exactamente un remake da película.

De feito, o coprodutor executivo Terry Matalas desvelou que a série “é unha versión totalmente distinta. Non queríamos refacer a película, así que cambiamos todo de enriba a abaixo“.

Mália iso, unha proxección de proba perante a conferéncia de verán da Asociación de Críticos de Televisión indicou que a película usará moita da mesma imaxinería có filme, pero descartando que a pregunta esencial sexa se Cole é realmente un viaxeiro no tempo ou simplemente un tolo.

Travis Fickett dixo que “non imos dicir que Cole non sexa un tolo. Iso ainda está aberto na série“, o que confirma que o programa estará fortemente serializado. A actriz Amanda Schull, quen fará o papel que fixo Madeleine Stowe na orixinal, dixo que evitou a mantenta ver o resultado final, para que non lle impactase na súa actuación.

A rodaxe da primeira tempada está a se levar a cabo en Toronto e ten previsto comezar a se emitir a partir de xaneiro.