A Sonata de Orson Scott Card

1060

Yaron Zilberman (A Late Quartet) será o guionista e director de Sonata, un filme baseado no conto de ciéncia-ficción de 1979 Unaccompanied Sonata, orixinal do polémico escritor mormón Orson Scott Card, o mesmo de Ender’s Game.

A história vai sobre un rapaz criado para ser un prodíxio da música, e a quen lle prohíben escoitar música de ningún outro autor para así manter na pureza as súas creacións artísticas. Criado en solitário nunha cabana por servos, pasa os seus días traballando arreo nun complicado instrumento musical.

Finalmente, obtén a posibilidade de escoitar as obras de Bach, e cando un vixiante o descubre, quítan-lle todas as súas obras e prohíben-lle vover a compoñer nunca xamáis.

Zilberman, Nick Wechsler, Steve Schwartz e Paula Mae Schwartz serán os produtores.