Zemeckis e a Paramount, na Fermata

0
279

O realizador gañador dun Oscar Robert Zemeckis (Back to the Future) e mais a Paramount Television veñen de asinar un acordo de dous anos para que a compañía produtora de Zemeckis, a Compari Entertainment, desenvolva proxectos de televisión para a Paramount.

E o primeiro proxecto que sairá adiante grazas a este acordo será unha comédia baseada na novela supervendas de Nicholson Baker The Fermata, sobre un oficinista de 35 anos que está a escribir a súa autobiografía.

O protagonista ten o poder de deter o tempo, pero non aproveita esta habilidade para gañar cartos, senón que o usa para o seu próprio pracer, maiormente para espir mulleres e deixa-las expostas e situacións ridículas.

David Hollander está a adaptar o guión, que producirá Jack Rapke.