O veterán Christopher Walken ven de se facer co papel de Capitán Garfo na vindeira emisión musical da canle NBC, a adaptación da obra teatral Peter Pan.
A produción orixinal de Broadway adaptou o clásico conto de James M. Barrie en 1954 e contén canzóns inesquecíbeis coma I’m Flying, I’ve Gotta Crow, I Won’t Grow Up e Never Never Land. A NBC emitiu un programa en directo co musical en 1955, que daquela acadou nada menos ca 55 millóns de espectadores.
Agora están a consdierar vários nomes para o papel de Peter Pan, pero non hai ren decidido. Walken é o primeiro nome que é anunciado oficialmente. os produtores executivos Craig Zadan e Neil Meron xa traballaran anteriormente con Walken noutra adaptación ao cinema dun musical de Broadway, Hairspray.
A nova adaptación será emitida nun programa o vindeiro 4 de decembro.