Aronofsky na caída da Lúa

0
268

O cineasta Darren Aronofsky está interesado en desenvolver un proxecto baseado no guión de ciéncia-ficción épica orixinal de David Weil titulado Moonfall e que foi adquirido hai uns días. A história é un thriller que se asemella a Fargo, pero ambientada na Lúa, o que lle dá ao proxecto un ángulo moi  especial que non é o do típico conto de ciéncia-ficción.

Aronofsky é ún dos moitos talentos de primeira ringleira que leron e gostaron do guión de Weil. Seica xa mantiveron algunha conversa sobre o material, pero isto ainda non desembocou en ningún acordo nin en compromisos de ningún tipo para producir ou dirixir un filme.

Xa en 2013 o guión de Weil Half Heard in the Stillness entrara na lista negra de Hollywood coma un dos millores libretos que non acadaron financiación. Aquel guión ía sobre un rapaz que debe asumir a súa reasimilación ao mundo despois de pasar dez anos prisioneiro no soto dun violador que o secuestrara. A recente desaparición doutro rapaz da vila ten vencellos co seu caso.