Os monstros comparten Universo

0
326

Se os superheroes dos cómics comparten o mesmo universo, por que non os monstros das novelas? A Universal Pictures ven de anunciar os seus plans para revitalizar os monstros do seu catáligo clásico desenvolvendo unha nova empresa de produción que estenderá e unificará unha rede de persoaxes e histórias clásicas.

En termos mais comprensíbeis, isto sinifica que o catálogo de monstros da famosa produtora cinematográfica – Frankenstein, Drácula, o lobishome, a creatura da Lagoa Negra, o home invisíbel, a noiva de Frankenstein e mais a Múmia – van compartir un universo común na pantalla grande, do mesmo xeito cós superheroes da Marvel Studios.

O coguionista de filmes coma Star Trek, Transformers e The Amazing Spider-Man 2, Alex Kurtzman, xunto co habitual escritor da saga de Wanted e Fast and the Furious, Chris Morgan, serán os arquitectos tras do novo mundo interconectado, ainda que non está claro exactamente como o van facer.

Morgan e Kurtzman traballarán conxuntamente cos estudos para apoiar o relanzamento dos monstros, reevaluarán os proxectos existentes nos que aparezan estes persoaxes e crearán unha estratéxia común que cohesione a todos baixo unha soa história.

Os plans comezarán cun relanzamento da Múmia, que será estreada o 22 de abril de 2016, o que converterá á vindeira película Dracula Untold a derradeira que conta cun monstro que non encaixa dentro do novo universo común que se prepara.