O remake de Akira ten novo guionista

978

Dante Harper, o guionista responsábel dos primeiros bocetos de Edge of Tomorrow, ven de ser contratado oara traballar na nova versión da longamente agardada adaptación con actores de carne e óso á pantalla grande do clásico do anime e o manga Akira.

Este é o primeiro movemento do proxecto en case un ano, dende que o catalán Jaume Collet-Serra fora despedido cando estaba encargado de dirixir o filme. O proxecto de Akira é agora o segundo de Harper após de asinar tamén para escribir The Secret of the Temple para a Fox 2000. Esa história vai sobre a carreira para se facer cun tesouro de vinte mil millóns de dólares enterrados baixo unha cripta na Índia.

Harper escribiu Edge of Tomorrow baseándo-se na novela xaponesa para adolescentes All You Need is Kill, pero o seu guión orixinal foi logo retocado por moitos outros. Para este proxecto, non se sabe canto debe deixar Harper do Akira orixinal ou como de fiel debe ficar ao manga orixinal de Otomo dos anos 80.

Os nomes de Garrett Hedlund, Kristen Stewart e Ken Watanabe estiveron vencellados a versións anteriores de Akira.