Goldsman fai-se cos Space Invaders

854

A Warner Bros. ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o clásico xogo arcade dos anos 80 Space Invaders.

Akiva Goldsman, Joby Harold e Tory Tunnell veñen de chegar a bordo para faceren-se cargo do proxecto, que producirán a través das súas compañías, a Weed Road e mais a Safehouse Pictures.

O videoxogo representaba a várias ringleiras de áliens lanzando lásers que descendían horizontalmente sobre un canón que no fondo da pantalla tentaba desfender-se destruíndo as naves inimigas antes de que estas tocasen o chan.

O obxectivo era destruí-las a todas, pero o problema é que cantas mais sexan destruídas, mais apresa se moven as que fican.

Á parte deste escenário, non había ningunha mitoloxía ou história detrás do xogo, o que lle dá aos realizadores unha ampla liberdade para desenvolver unha história de seu.