Romanek na precuela do Relostro

0
304

Mark Romanek (Never Let Me Go, One Hour Photo) está a negociar a súa incorporación ao proxecto de Overlook Hotel, o vindeiro filme que levará á pantalla grande unha precuela do clásico do terror The Shining de Stephen King.

Overlook Hotel está baseada no prólogo da novela orixinal, que King tivo que eliminar da primeira edición de 1977, e o filme contará a a história do hotel a través dos ollos do seu primeiro propietário, Bob T. Watson.

Watson foi un barón ladrón a comezos do século XX que chegou a escalar os mais remotos cúmios das Montañas Rocosas de Colorado para construír o hotel mais grande de América.

O antigo showrunner de The Walking Dead Glen Mazzara escribiu a versión mais recente do guión para este proxecto, que Brad Fischer, James Vanderbilt e Laeta Kalogridis producirán.

Se Romanek será o director ao final ou non é a pregunta que todo o mundo se fai, xa que o realizador tivo moi mala sorte ao longo dos últimos anos. Tres adaptacións de libros ao cinema aos que estivo vencellado (A Cold Case, A Million Little Pieces e The Lost Symbol) foron desbotados antes de entraren en produción. Ademais, el ía ser o director do fiasco de The Wolfman antes de ser despedido só un mes antes de comezar a se rodar.